Leiras de Progo, recuperando terras

Finished 09 / 12 / 2023
Funded!
Received
$ 17,155
Minimum
$ 9,210
Optimum
$ 21,420
109 Co-financiers
Channel
  • Contributing $ 7

    Colaboro!

    Agradecemento personalizado na web do proxecto.

    Desgravarías 5,6 € polo que o teu gasto real pode ser 1,4 €. Máis info: https://gl.goteo.org/calculadora-fiscal

    > 06 Co-financiers
  • Contributing $ 14

    Certificado dixital do castiñeiro

    Aportando 13 € recibirás:

    • agradecemento personalizado na web do proxecto
    • certificado dixital con imaxe e a xeolocalización da árbore

    Desgravarías 10,4 € polo que o teu gasto real pode ser 2,6 €. Máis info: https://gl.goteo.org/calculadora-fiscal

    > 08 Co-financiers
  • Contributing $ 28

    Apadriña/Amadriña un castiñeiro
    • certificado dixital con imaxe e a xeolocalización da árbore
    • o día de portas abertas (primavera 2024) poderás vir e escoller o teu castiñeiro, poñerlle un rótulo co teu nome
    • enviaremos postal por correo con foto das primeiras follas (só España)
    • agradecemento nas nosas redes sociais
    • agradecemento personalizado na web do proxecto

    Desgravarías 21,6 € polo que o teu gasto real pode ser 5,4 €. Máis info: https://gl.goteo.org/calculadora-fiscal

    > 19 Co-financiers
  • Contributing $ 58

    Apadriña/amadriña un castiñeiro
    • certificado dixital con imaxe e a xeolocalización da árbore
    • o día de portas abertas (primavera 2024) poderás vir e escoller o teu castiñeiro, poñerlle un rótulo co teu nome
    • enviaremos postal por correo con foto das primeiras follas (só España)
    • enviaremos imaxes da árbore cada ano ata que entre en produción (correo-e)
    • recibirás o primeiro quilo de castañas que produza a túa árbore (envío só España)
    • mención pública na web do proxecto

    Desgravarías 44 € polo que o teu gasto real pode ser 11 €. Máis info: https://gl.goteo.org/calculadora-fiscal

    > 25 Co-financiers
  • Contributing $ 81

    Apadriña/amadriña un castiñeiro cun calendario 2024
    • un exemplar de CeosGalegos24, un fermoso calendario mural con imaxes do ceo
    • certificado dixital con imaxe e a xeolocalización da árbore
    • o día de portas abertas (primavera 2024) poderás vir e escoller o teu castiñeiro, poñerlle un rótulo co teu nome
    • enviaremos postal por correo con foto das primeiras follas
    • enviaremos imaxes da árbore cada ano ata que entre en produción (correo-e)
    • recibirás o primeiro quilo de castañas que produza a túa árbore
    • mención pública na web do proxecto

    (Envíos só a España)

    Desgravarías 61,6 € polo que o teu gasto real pode ser 15,4 €. Máis info: https://gl.goteo.org/calculadora-fiscal

    > 05 Co-financiers
  • Contributing $ 100

    Apadriña/amadriña un castiñeiro e lote de castañas
    • certificado dixital con imaxe e a xeolocalización da árbore
    • o día de portas abertas (primavera 2024) poderás vir e escoller o teu castiñeiro, poñerlle un rótulo co teu nome
    • enviaremos postal por correo postal con foto das primeiras follas (só Unión Europea)
    • enviaremos imaxes da túa árbore cada ano ata que entre en produción, por correo é
    • recibirás o primeiro quilo de castañas que produza a túa árbore (envío só España)
    • mención pública na web do proxecto e nas nosas redes sociais
    • Recompensa INMEDIATA: este outono recibirás xa un lote de 5 quilos de castañas doutros castiñeiros familiares ou de veciños. Envíos só á Península Ibérica.

    Desgravarías 76 € polo que o teu gasto real pode ser 19 €. Máis info: https://gl.goteo.org/calculadora-fiscal

    > 08 Co-financiers
  • Contributing $ 158

    Apadriña/amadriña un castiñeiro e unha nogueira
    • certificado dixital con imaxe e a xeolocalización da árbore
    • o día de portas abertas (primavera 2024) poderás vir e escoller o teu castiñeiro, poñerlle un rótulo co teu nome
    • enviaremos postal por correo postal con foto das primeiras follas (só Unión Europea)
    • enviaremos imaxes da túa árbore cada ano ata que entre en produción, por correo é
    • recibirás o primeiro quilo de castañas que produza a túa árbore (envío só España)
    • mención pública na web do proxecto e nas nosas redes sociais
    • Recompensa INMEDIATA: este outono recibirás xa un lote de 5 quilos de castañas doutros castiñeiros familiares ou de veciños. Envíos só á Península Ibérica
    • plantaremos unha nogueira na #LeiraOCabezo

    Desgravarías 120 € polo que o teu gasto real pode ser 30 €. Máis info: https://gl.goteo.org/calculadora-fiscal

    > 20 Co-financiers
  • Contributing $ 168

    Recompensa FINAL

    A nosa recompensa para a última semana de campaña. Apadriña/amadriña un castiñeiro e terás todo isto:

    • certificado dixital con imaxe e a xeolocalización da árbore
    • o día de portas abertas (primavera 2024) poderás vir, escoller o teu castiñeiro e poñerlle un rótulo co teu nome
    • enviaremos postal por correo postal con foto das primeiras follas (só Unión Europea)
    • mención pública na web do proxecto e nas nosas redes sociais
    • Recompensa INMEDIATA: este outono recibirás xa un lote de 5 kg de noces e 5 kg de abelás. Envíos só á Península Ibérica
    • plantaremos unha nogueira na #LeiraOCabezo e unha abelaira na #LeiraAMontán

    Desgravarías 123,5 € polo que o teu gasto real pode ser 36,5 €. Máis info: https://gl.goteo.org/calculadora-fiscal

    > 05 Co-financiers
  • Contributing $ 895

    Señor/a da Montán
    • certificado dixital con imaxe e a xeolocalización da árbore
    • o día de portas abertas (primavera 2024) poderás vir, escoller o teu castiñeiro e poñerlle un rótulo co teu nome
    • enviaremos postal por correo postal con foto das primeiras follas (só Unión Europea)
    • enviaremos imaxes da túa árbore cada ano ata que entre en produción, por correo é
    • recibirás o primeiro quilo de castañas que produza a túa árbore (envío só España)
    • mención pública na web do proxecto e nas nosas redes sociais
    • Recompensa INMEDIATA: este outono recibirás xa un lote de 5 quilos de castañas doutros castiñeiros familiares ou de veciños. Envíos só á Península Ibérica
    • plantaremos unha nogueira na #LeiraOCabezo
    • o teu nome aparecerá nunha placa que incluiremos no peche da leira da Montán
    • compartes a nosa mesma visión!! Contaremos contigo como socio preferente. Pasarás a ser o/a noso/a donante honorífico/a, participar na toma de decisións, acceso ao proxecto completo e estarás informado dos avances que vaiamos acadando.

    Desgravarías 365 € polo que o teu gasto real pode ser 485 €. Máis info: https://gl.goteo.org/calculadora-fiscal

    > 04 Co-financiers

Traballo rematado, polo momento

02 | 03 | 2024
Traballo rematado, polo momento

Remata o día 29 de febreiro. Rematáramos de plantar TODAS as árbores. Estabamos a facer un mapeo da #LeiraAMontán e a natureza despedíase así, con ese arco da vella. Que máis se pode pedir?

No primeiro plano podedes ver algunhas das árbores recén plantadas. Son castiñeiros da variedade xudía do viveiro Hifas da Terra. Teñen uns 2 metros de altura e están micorrizados con Boletus edulis. Nesta leira fomos plantando máis dun cento de castiñeiros coma este, outro cento procedentes doutros viveiros e algunha cousa máis.

O mes de febreiro foi intenso. O palista coa súa retroexcavadora fixo as buratas retirando un metro cúbico de material e, de seguido, meteu medio metro cúbico de terra da mellor calidade; normalmente da flor da leira; esa terra máis rica en material vexetal do desbroce anterior, máis fértil e de mellor calidade. Un par de semanas despois alugamos unha mini-retroexcavadora e cubrimos con máis terra esas buratas.

Durante a última semana, xunto cun par de axudantes, plantamos. Ao estar a terra removida a tarea facilitouse moito. En total, nas catro leiras do noso proxecto plantamos 860 árbores. Nesta leira da Montán, coa que colaborastes mediante este crowdfunding, as árbores que puxemos son:

  • 155 castiñeiros xudía do viveiro Hifas da Terra (micorrizados)
  • 35 castiñeiros xudía de Viveiros de Portugal (Maçedo de Cavaleiros)
  • 50 castiñeiros xudía do Viveiro Ribeirao (Monfero, A Coruña)
  • 15 castiñeiros negral de Hifas da Terra (micorrizados), para axudar coa polinización
  • 82 abelairas do Viveiro Ribeirao
  • 20 bibueiros micorrizados de Hifas da Terra
  • 27 pistacheiros de AgroCastanea (Cáceres)

Si, os números (e os custes) son superiores ao previsto cando fixemos a campaña de crowdfunding. Axulstamos o marco de plantación, descubrimos que a leira seguía máis alá do primeiro desbroce e aínda puidemos mercar unha leiriña veciña máis. Case 400 árbores onde ata hai uns meses había silveiras, xestas e algún carballo. Aínda plantaremos algunha cousiña máis, se temos tempo.

O de escoller plantas de diferentes viveiros é para minimizar posibles problemas e non fialo todo a un provedor. Ademais, os castiñeiros micorrizados son moi caros e compensamos o custe inicial intercalando castiñeiros máis baratos. Tamén é certo que a calidade da terra da leira é diferente nos lombeiros que nas cañadas, polo que deixamos para estas últimas a planta mellor para que a micorriza teña máis posibilidades de prosperar.

Queda agora o día de portas abertas que estamos programando para o 6 de abril. Aí, todos os padriños e madriñas poderedes vir baptizar a árbore da vosa escolla. Recibiredes información ampliada por correo electrónico. E moito traballo por diante, claro está.

  • fertilización con abono mineral para cada árbore no momento de xermolación
  • gradeado da leira para desfacer os amoreamentos de material que hai agora e deixala preparada para o resto do ano
  • instalación do rego por goteo

Todo iso xa será na primavera. Polo momento, descansemo e gocemos do feito.

Comments

Inicia sesión para dejar un comentario