Leiras de Progo, recuperando terras

Finished 09 / 12 / 2023
Funded!
Received
£ 13,572
Minimum
£ 7,286
Optimum
£ 16,946
109 Co-financiers
Channel
  • Contributing £ 6

    Colaboro!

    Agradecemento personalizado na web do proxecto.

    Desgravarías 5,6 € polo que o teu gasto real pode ser 1,4 €. Máis info: https://gl.goteo.org/calculadora-fiscal

    > 06 Co-financiers
  • Contributing £ 11

    Certificado dixital do castiñeiro

    Aportando 13 € recibirás:

    • agradecemento personalizado na web do proxecto
    • certificado dixital con imaxe e a xeolocalización da árbore

    Desgravarías 10,4 € polo que o teu gasto real pode ser 2,6 €. Máis info: https://gl.goteo.org/calculadora-fiscal

    > 08 Co-financiers
  • Contributing £ 22

    Apadriña/Amadriña un castiñeiro
    • certificado dixital con imaxe e a xeolocalización da árbore
    • o día de portas abertas (primavera 2024) poderás vir e escoller o teu castiñeiro, poñerlle un rótulo co teu nome
    • enviaremos postal por correo con foto das primeiras follas (só España)
    • agradecemento nas nosas redes sociais
    • agradecemento personalizado na web do proxecto

    Desgravarías 21,6 € polo que o teu gasto real pode ser 5,4 €. Máis info: https://gl.goteo.org/calculadora-fiscal

    > 19 Co-financiers
  • Contributing £ 46

    Apadriña/amadriña un castiñeiro
    • certificado dixital con imaxe e a xeolocalización da árbore
    • o día de portas abertas (primavera 2024) poderás vir e escoller o teu castiñeiro, poñerlle un rótulo co teu nome
    • enviaremos postal por correo con foto das primeiras follas (só España)
    • enviaremos imaxes da árbore cada ano ata que entre en produción (correo-e)
    • recibirás o primeiro quilo de castañas que produza a túa árbore (envío só España)
    • mención pública na web do proxecto

    Desgravarías 44 € polo que o teu gasto real pode ser 11 €. Máis info: https://gl.goteo.org/calculadora-fiscal

    > 25 Co-financiers
  • Contributing £ 64

    Apadriña/amadriña un castiñeiro cun calendario 2024
    • un exemplar de CeosGalegos24, un fermoso calendario mural con imaxes do ceo
    • certificado dixital con imaxe e a xeolocalización da árbore
    • o día de portas abertas (primavera 2024) poderás vir e escoller o teu castiñeiro, poñerlle un rótulo co teu nome
    • enviaremos postal por correo con foto das primeiras follas
    • enviaremos imaxes da árbore cada ano ata que entre en produción (correo-e)
    • recibirás o primeiro quilo de castañas que produza a túa árbore
    • mención pública na web do proxecto

    (Envíos só a España)

    Desgravarías 61,6 € polo que o teu gasto real pode ser 15,4 €. Máis info: https://gl.goteo.org/calculadora-fiscal

    > 05 Co-financiers
  • Contributing £ 79

    Apadriña/amadriña un castiñeiro e lote de castañas
    • certificado dixital con imaxe e a xeolocalización da árbore
    • o día de portas abertas (primavera 2024) poderás vir e escoller o teu castiñeiro, poñerlle un rótulo co teu nome
    • enviaremos postal por correo postal con foto das primeiras follas (só Unión Europea)
    • enviaremos imaxes da túa árbore cada ano ata que entre en produción, por correo é
    • recibirás o primeiro quilo de castañas que produza a túa árbore (envío só España)
    • mención pública na web do proxecto e nas nosas redes sociais
    • Recompensa INMEDIATA: este outono recibirás xa un lote de 5 quilos de castañas doutros castiñeiros familiares ou de veciños. Envíos só á Península Ibérica.

    Desgravarías 76 € polo que o teu gasto real pode ser 19 €. Máis info: https://gl.goteo.org/calculadora-fiscal

    > 08 Co-financiers
  • Contributing £ 125

    Apadriña/amadriña un castiñeiro e unha nogueira
    • certificado dixital con imaxe e a xeolocalización da árbore
    • o día de portas abertas (primavera 2024) poderás vir e escoller o teu castiñeiro, poñerlle un rótulo co teu nome
    • enviaremos postal por correo postal con foto das primeiras follas (só Unión Europea)
    • enviaremos imaxes da túa árbore cada ano ata que entre en produción, por correo é
    • recibirás o primeiro quilo de castañas que produza a túa árbore (envío só España)
    • mención pública na web do proxecto e nas nosas redes sociais
    • Recompensa INMEDIATA: este outono recibirás xa un lote de 5 quilos de castañas doutros castiñeiros familiares ou de veciños. Envíos só á Península Ibérica
    • plantaremos unha nogueira na #LeiraOCabezo

    Desgravarías 120 € polo que o teu gasto real pode ser 30 €. Máis info: https://gl.goteo.org/calculadora-fiscal

    > 20 Co-financiers
  • Contributing £ 133

    Recompensa FINAL

    A nosa recompensa para a última semana de campaña. Apadriña/amadriña un castiñeiro e terás todo isto:

    • certificado dixital con imaxe e a xeolocalización da árbore
    • o día de portas abertas (primavera 2024) poderás vir, escoller o teu castiñeiro e poñerlle un rótulo co teu nome
    • enviaremos postal por correo postal con foto das primeiras follas (só Unión Europea)
    • mención pública na web do proxecto e nas nosas redes sociais
    • Recompensa INMEDIATA: este outono recibirás xa un lote de 5 kg de noces e 5 kg de abelás. Envíos só á Península Ibérica
    • plantaremos unha nogueira na #LeiraOCabezo e unha abelaira na #LeiraAMontán

    Desgravarías 123,5 € polo que o teu gasto real pode ser 36,5 €. Máis info: https://gl.goteo.org/calculadora-fiscal

    > 05 Co-financiers
  • Contributing £ 708

    Señor/a da Montán
    • certificado dixital con imaxe e a xeolocalización da árbore
    • o día de portas abertas (primavera 2024) poderás vir, escoller o teu castiñeiro e poñerlle un rótulo co teu nome
    • enviaremos postal por correo postal con foto das primeiras follas (só Unión Europea)
    • enviaremos imaxes da túa árbore cada ano ata que entre en produción, por correo é
    • recibirás o primeiro quilo de castañas que produza a túa árbore (envío só España)
    • mención pública na web do proxecto e nas nosas redes sociais
    • Recompensa INMEDIATA: este outono recibirás xa un lote de 5 quilos de castañas doutros castiñeiros familiares ou de veciños. Envíos só á Península Ibérica
    • plantaremos unha nogueira na #LeiraOCabezo
    • o teu nome aparecerá nunha placa que incluiremos no peche da leira da Montán
    • compartes a nosa mesma visión!! Contaremos contigo como socio preferente. Pasarás a ser o/a noso/a donante honorífico/a, participar na toma de decisións, acceso ao proxecto completo e estarás informado dos avances que vaiamos acadando.

    Desgravarías 365 € polo que o teu gasto real pode ser 485 €. Máis info: https://gl.goteo.org/calculadora-fiscal

    > 04 Co-financiers

Traballo medio feito

01 | 02 | 2024

Desculpádenos o eufemismo do título de "medio feito". En realidade, este pequeno artigo é para actualizar a información da marcha do proxecto.

O noso proxecto está formado por catro leiras diferentes, aínda que á hora de realizar o crowdfunding centramos a solicitude de finanzamento na principal: a Leira A Montán. Como é normal, cando veñen as máquinas a traballar para preparar unha das leiras de seguido fixeron os traballos oportunos nas outras: O Cabezo (algo máis pequena que A Montán), A Senra maila Besada, estas dúas con menos da metade do tamaño da Montán.

Se nos seguides nas redes sociais veríades que non tivemos moito acougo durante este inverno, para preparar as leiras. A boa nova é que por fin imos PLANTAR na segunda quincena deste mes de febreiro. Nestes intres están xa feitos os buratos de plantación (tras desbrozar, retirado de troncos, esmiuzado da maleza, arado e reparto de cal magnésica). Toca botar algo de esterco de fondo e, se hai sorte e chove estes días, iso que vai quedando na terra. Senón, estas xeadas van ben para curar e que vai esponxando e aireando.

Tamén temos xa colocados todos os postes da Leira A Montán e o normal é que cando chegue a planta xa estea pechada, polo que teremos unha preocupación menos coa fauna salvaxe local.

Unha boa nova?
Unha veciña ofreceunos cambiar a súa leira que linda coa Montán por outra que ten a nosa familia noutro lugar da aldea. Ímoslle dicir que si porque, con esta leira (na que ten varios castiñeiros) podemos chegar a unha hectárea de superficie. E, o máis interesante, ten por riba un par de leiras abandonadas que suman uns 3000 metros que podemos mirar cos donos se hai posibilidades de facer algo con elas.

Unha mala nova?
Non afecta a esta parte do proxecto, pero si a outra das leiras, A Senra. Vai quedar no medio unha tira de terreo duns 650 metros cadrados (90 x 7 aprox) que tiñamos apalabrada porque nos piden catro veces máis o que consideramos que é o seu valor. Polo menos, xa lles queda limpa por un par de anos, aínda que non van facer nada con ela porque nin lles interesa nin viven alí. Cousas do rural.

Novidades: na nosa idea de I+D+i rural estabamos a deseñar unha instalación de rego por goteo nas leiras. Hai uns días alguén nos falou dun sistema de rego por goteo soterrado, de xeito que a auga vai directamente ás raíces das árbores. Estabamos a darlle volta a algo parecido e, que xa exista no mercado (desde hai 2 ou 3 anos) pareceunos excelente. Vai saír algo máis caro que o outro sistema pero as súas vantaxas son varias: evaporación nula, menor gasto de auga, maior aproveitamento polas raíces.

Seguimos!!

Comments

Inicia sesión para dejar un comentario