¡Renovamos Goteo!

Goteo ha construido una historia única en el mundo del micromecenazgo. ¿Quieres seguir formando parte de ella?

Festival Arteficial: 20 anos facendo comunidade, a piques de morrer

1Round Remaining 40 days
Received
£ 17
Minimum
£ 2,604
Optimum
£ 14,227
2 Co-financiers
Channel
  • Contributing £ 4

    Unha pinga

    Con cinco euros non podemos facer milagres pero bueno, pinga a pinga fúrase a pedra.

    • Mención especial de agradecemento na web e nas redes sociais.

    IMPORTANTE!!
    Recordade que podedes desgravar ata un 80% do importe da túa donación. Para máis información: https://www.goteo.org/calculadora-fiscal

    > 00 Co-financiers
  • Contributing £ 9

    Arre demo, non será para tanto!

    Veña, que non vos custa nada... que son dez euriños?

    • O anterior + BSO do festival

    Enviarémosche a lista de reprodución oficial do XX aniversario antes que a ninguén para que vaias memorizando as letras

    IMPORTANTE!!
    Recordade que podedes desgravar ata un 80% do importe da túa donación. Para máis información: https://www.goteo.org/calculadora-fiscal

    > 02 Co-financiers
  • Contributing £ 13

    Menú do día: dous pratos + bebida + pan + sobremesa

    Branco ou tinto? Churrasco ou robaliza? Sexa como sexa, por este prezo tan xeitoso poderás recibir:

    • Todo o anterior + crónicas da Madalena

    Sumarémoste ao noso boletín de novas exclusivas para que esteas ao tanto de todo

    IMPORTANTE!!
    Recordade que podedes desgravar ata un 80% do importe da túa donación. Para máis información: https://www.goteo.org/calculadora-fiscal

    > 00 Co-financiers
  • Contributing £ 26

    O apoio dunha nai

    Non hai nada como o apoio incondicional dunha nai... ou dunha socia.

    • Todo o anterior + carné de socia + postal de agradecemento

    Formarás parte da familia Arteficial durante un ano, e enviarémosche unha postal física, escrita a man e con mooooito agarimo

    IMPORTANTE!!
    Recordade que podedes desgravar ata un 80% do importe da túa donación. Para máis información: https://www.goteo.org/calculadora-fiscal

    > 00 Co-financiers
  • Contributing £ 43

    Máis chula que naide

    Para que luzas o traxe novo no festi, como facía o teu avó no baile.

    • Todo o anterior + camiseta

    Recibirás unha camiseta ben chula dalgunha das anteriores edicións. Xa falaremos do talle.

    IMPORTANTE!!
    Recordade que podedes desgravar ata un 80% do importe da túa donación. Para máis información: https://www.goteo.org/calculadora-fiscal

    > 00 Co-financiers
  • Contributing £ 69

    Jrasias por vir

    A primeira corre da nosa conta, logo xa ti verás o que fas.

    • Todo o anterior + vaso oficial + fanzine
    • Agasallámoste o vaso reutilizable e, ademais, un exemplar impreso do fanzine desta edición

    IMPORTANTE!!
    Recordade que podedes desgravar ata un 80% do importe da túa donación. Para máis información: https://www.goteo.org/calculadora-fiscal

    > 00 Co-financiers
  • Contributing £ 104

    Embaixadora cultural

    A ver rapazada, non todo é festa... tamén hai que culturizarse un pouco.

    • Todo o anterior + roteiro histórico
    • Un percorrido exclusivo pola vila de Ribadavia guiado por unha de nós para descubrir, de primeira man, as historias deste lugar

    IMPORTANTE!!
    Recordade que podedes desgravar ata un 80% do importe da túa donación. Para máis información: https://www.goteo.org/calculadora-fiscal

    > 00 Co-financiers
  • Contributing £ 130

    Quentiña e a remollo

    Pon os callos a cocer (os dos teus pes).

    • Todo o anterior + bono termal
    • Agradecemos o teu compromiso cun convite para dous para desfrutar das pozas termais de Prexigueiro (a 5 minutos da vila)

    IMPORTANTE!!
    Recordade que podedes desgravar ata un 80% do importe da túa donación. Para máis información: https://www.goteo.org/calculadora-fiscal

    > 00 Co-financiers
  • Contributing £ 260

    A verdadeira experiencia

    Invitámoste a comer con nós e incluso, se fai falta, limpámosche a boca.

    • Todo o anterior + xantar
    • Convidámoste a compartir unha comilona pola vila co equipo de organización

    IMPORTANTE!!
    Recordade que podedes desgravar ata un 80% do importe da túa donación. Para máis información: https://www.goteo.org/calculadora-fiscal

    > 00 Co-financiers

About this project

Un festival que é moito máis que música: cultura, territorio, comunidade. Axúdanos a que este non sexa a súa última edición.

Needs Task Minimum Optimum
Taxas e costes da xestoría
Estes 500€ correspóndense ao 35% do gasto total, o calsería de aproximadamente 1.370€. Este apoio contribuiría a asumir parte dos custos administrativos e legais necesarios, incluíndo xestións, permisos e seguros obrigatorios.
£ 434
Caché
Estes 1.000€ correspóndense ao 30% do gasto total, que sería 3.300€. Con estes cartos axudaríadesnos a sufragar os custos dos cachés das bandas e artistas: aloxamento, desprazamentos e demais necesidades.
£ 868
Cachés
Estes 2.300€ correspóndense ao 70% restante dos gastos relacionados co caché dos artistas (total: 3.300€).
£ 1,996
Insfraestruturas
Estes 8.100€ correspóndense ao 85% restante dos gastos relacionados co aluguer do escenario e dos xeradores de electricidade, son e iluminación, tarimas, haimas e barras.
£ 7,031
Vixilancia
Este financiamento permitiría cubrir o servizo de vixilancia nocturna, garantindo a seguridade das infraestruturas durante a noite.
£ 391
Carga e descarga
Os recursos obtidos servirían para contratar persoal encargado das tarefas de montaxe, desmontaxe e movemento de materiais.
£ 356
Materiais para merchan
Estes cartos destinaríase á produción de material promocional (camisetas, bolsas, etc.), tanto para difusión como para recompensas do mecenado.
£ 226
Needs Infrastructure Minimum Optimum
Infraestruturas básicas
Estes 1.500€ correspóndense ao 15% do gasto real adicado ás infraestructuras básicas, duns 9.600€. Os fondos recadados irán destinados a facer fronte a unha pequena porcentaxe de gastos como: aluguer do escenario e xeradores de electricidade, son e iluminación, tarimas, haimas e barras.
£ 1,302
Taxas e costes da xestoría
Estes 870€ correspóndense ao 65% restante dos gastos relacionados coas taxas e demáis costes da xestoría (total: 1.370€)
£ 755
Baños
Estes cartos dedicaríanse ao alugueiro e mantemento de baños portátiles, garantindo condicións hixiénicas axeitadas durante o festival.
£ 868
Total £ 2,604 £ 14,227
Necessary
Supplemental

General information

O Festival Arteficial cumple 20 anos nun momento clave. O que naceu en 2006 como unha rebelión cultural en Ribadavia é hoxe un verdadeiro referente cultural que, anualmente, enche a vila de grilandas, música, bicos e vida. Seguindo unha evolución natural, Arteficial tamén é unha asociación sen ánimo de lucro formada por xentiña que vive no Ribeiro, cada un do seu pai e da súa nai, pero con inquedanzas parecidas. O noso obxectivo é poñer en valor o noso territorio, por medio da práctica da cultura democrática, inclusiva e sostible.

Que é que fai único o noso Festival?

  • A súa afortunada situación xeográfica no corazón do Ribeiro, terra de viño, historia e auga.
  • O seu formato interdisciplinar, non limitado ao festival. Durante todo o ano impulsamos actividades satélite e interxeneracionais.
  • A oferta musical, apoiando sempre bandas emerxentes e da contorna, sen deixar de lado ás internacionais.
  • Orgullosamente, nós, a equipa de produción da que formamos parte voluntariamente mozas e mozos do Ribeiro.

Main features and goals of the crowdfunding campaign

Apostamos por unha programación multidisciplinar e alternativa que achega a arte en diferentes formatos para habitar e revalorizar o territorio rural e a vila medieval de Ribadavia (BIC desde 1947), desde unha perspectiva contemporánea que dialoga coa tradición.

  • O festival destaca polo seu compromiso coa cultura musical galega, aínda que sen pechar a súa programación a outras ofertas do panorama estatal e internacional, ofrecendo variedade, música emerxente e propostas que saen do circuíto habitual.

  • Sempre se ten presente tanto no escenario coma no público, os principios de igualdade, sostibilidade e solidariedade. Destacan as políticas de equidade, protocolos e formación en actuacións fronte a casos de violencia machista e en defensa do colectivo LGTBI+ (https://arteficial.org/arteficial-libre-de-violencia-machista), o Pacto de Cultura Sustentable do que formamos parte desde 2022 (https://arteficial.org/wp-content/uploads/2024/02/dosier-memoria-Sostenibilidad-Arteficial.pdf), a implementación dunha entrada solidaria en colaboración coa Cruz Vermella, e numerosas opcións para que a cativada e persoas de tódalas idades tamén teñan cabida neste espazo compartido.

A modo de romaría diurna conta, en cada edición, cun elevado número de grupos que actúan ao longo do día (13:00h. - 22:00h.) no barrio da Madalena coa ampliación nocturna ao barrio da Oliveira, onde desenvolvemos as actividades de fin de festa.

As actuacións artéllanse en tres escenarios paralelos:

  • Un ao aire libre, ideal para a convivencia interxeracional e a creación dun ambiente festivo, para socializar e onde dar a coñecer novas propostas musicais e culturais entre veciñas e visitantes;
  • Outro interior, na igrexa da Madalena, máis recollido e íntimo onde se presentan as creacións acústicas e que permiten gozar das interpretacións máis xenuínas e intimistas.
  • Outro escenario ao aire libre no centro da vila de Ribadavia, onde teñen lugar as últimas actuacións, máis festeiras e ousadas, que pechan o evento.

Podemos dicir con orgullo que ao longo de todos estes anos pasaron polo noso festival bandas de todo tipo, algunhas delas hoxe en día de gran renombre. A ver cantas coñecedes! De Galiza e Portugal: Carabela, Bala, Fillas De Casandra, First Breath After Coma, Whales, Noiserv, Laura Lamontagne e Pico Amperio, Surma, Malandrómeda; en canto ao panorama estatal e internacional como Los Coronas, Def Con Dos, Havalina (España), Austin Tv (México), Gondhawa (Francia), Blaak Heat (EE.UU) ou Mbye Ebrima (Gambia). Outra cousa non sei, pero gusto temos para repartir.

Ademais dos escenarios, contamos con:
Espazos de encontro:

  • Zona gastro: como boa romaría que é, non pode faltar o papeo!
  • Mercado das sementes: onde antonte as nosas avoas vendían os seus produtos, hoxe sitúanse postos de roupa de segunda man e artesanía.
  • Barra: autoxestionada, para beber unhas augas ou uns cubatiñas a gusto de cada quen.

Espazos de compromiso social:

  • Punto violeta e arcoiris: en contra as violencias machistas e como punto de información.
  • Patrulla verde: equipa encargada de controlar o seguimento das pautas establecidas no Pacto de sustentabilidade. Procúrase que o festival teña o mínimo impacto negativo no medio ambiente promovendo accións de reciclaxe, consumo de proximidade e eliminación de barreiras de acceso. Para levalo a cabo, guiámonos polas indicacións tanto do Pacto, como pola axenda 2030 da ONU.
  • Entrada solidaria: como o festival é de entrada gratuíta e, seguindo o noso pensamento de creación de comunidade e fortalecemento da mesma, iniciamos unha colaboración coa Cruz Vermella do Ribeiro que consiste na recollida de alimentos como entrada simbólica e voluntaria ao recinto do festival.
img-394.jpg img-6335.jpg

Why this is important

Ideamos este mecenado porque cremos que a cultura ten que chegar a todas as esferas da sociedade. Polo tanto, arteficial vai dirixido a:

  1. Nun plano local: ás nosas veciñas da Ribadavia e do Ribeiro. Que apostan por unha vila dinámica, cunha oferta cultural de calidade e atractiva para fomentar a vida no rural.
  2. De xeito máis extensivo: a todas aquelas persoas de Galicia e proximidades que defenden a fuxida dos circuítos comerciais e valoran os festivais de pequeno formato con identidade propia.
  3. De maneira global: a todas aquelas as persoas comprometidas coa supervivencia dos proxectos autoxestionados, que queren compartir a nosa iniciativa, e que entenden que o rural é o lugar ideal para a vangarda.

O noso desexo é que o apoio ao rural non quede nun marco teórico e se teña en conta a diversidade de proxectos que fixan poboación e crean identidade.

img-6736.jpg 2016-arteficial-maio-201711.jpg

Team and experience

Levamos 19 edicións ás costas demostrando resiliencia e profesionalidade. O noso equipo está formado por voluntarias e voluntarios do Ribeiro con formación en áreas como comunicación, deseño, educación social e industria musical. Non somos novatos; somos unha maquinaria engraxada polo agarimo e o compromiso co noso pobo. Formamos parte da equipa directiva: Ainhoa Viñuela (presidenta); Blanca Selas (vicepresidenta); Pedro Conde (tesoureiro); Malena Correa (secretaria). Por outra banda, en cando a equipas de traballo: Manuel Araujo, Ainhoa Viñuela, Pedro Conde (contratación e programación); Celia Millón, Andrea Rodríguez Villaverde, Malena Correa, Guillermo Conde, Sara García Bautista (comisión mecenazgo); Sara Ghemame, Celia Millón, Guillermo Conde, Andrea Rodríguez Villaverde, Alba Casas (comunicación e deseño); Adrián Riveiro, Alberto Chousal, Adrián Pepín, Claudio Vázquez, Enrique Rodríguez, Gavino Dedola, Uxía Estévez Álvarez (xestión e loxística).
Ademais, durante o día propio de festival contamos con profesionais contratados de produción para son e iluminación, montaxe de escenario, persoas de carga, seguridade, foto e vídeo, barras… Aos que, xa que estamos, agradecemos infinitamente o seu traballo.

whatsapp-image-2026-02-07-at-21.44.22.jpeg img-5684.jpg img-5651.jpg dsc9351.jpg aeb2286.jpg

Social commitment

Sustainable Development Goals

  • Quality Education

    Obtaining a quality education is the foundation to improving people’s lives and sustainable development.

  • Gender Equality

    Gender equality is not only a fundamental human right, but a necessary foundation for a peaceful, prosperous and sustainable world.

  • Reduced Inequalities

    To reduce inequalities, policies should be universal in principle, paying attention to the needs of disadvantaged and marginalized populations.

  • Sustainable Cities and Communities

    There needs to be a future in which cities provide opportunities for all, with access to basic services, energy, housing, transportation and more.

  • Responsible Production and Consumption

    Responsible Production and Consumption

  • Climate Action

    Climate change is a global challenge that affects everyone, everywhere.

  • Peace, Justice and Strong Institutions

    Access to justice for all, and building effective, accountable institutions at all levels.