Hace 2 weeks
Alianzas e movementos sociais: O noso festival é un reflexo das causas que nos moven. Por iso, abrimos as portas a outras asociacións e movementos sociais para que fagan do Arteficial o seu espazo. Cremos na forza do colectivo e en que, unindo mans con outras entidades, o impacto no noso territorio multiplícase. O Arteficial é un proxecto de asociacións para a comunidade.
Hace 2 weeks
Colaboración cidadá: Se vos preguntades como podedes axudar, a resposta é doada. Neste medio pedimos, sobre todo, a vosa achega económica. Pero, a maiores e de moita importancia, animámosvos a facervos socias; a facer de altofalante, compartindo a nosa campaña coa vosa xente cercana; e, por suposto, vindo ao festival!
Hace 1 week
Financiamento público: Externamente, deste tipo de iniciativas só se ve o resultado: un crebacabezas xa rematado). Non é así, detrás da festa hai todo un traballo colectivo que dura 365 días. Para que todas esas pezas encaixen, necesitamos dunha rede de conexións que van moito máis aló do apoio económico directo.
- Financiamento público: é esencial que as administracións sigan recoñecendo o valor cultural e social do noso proxecto. Cada ano, contamos co amparo económico do Concello de Ribadavia e da Xunta de Galicia, fundamental para cubrir unha parte dos gastos fixos anuais. Porén, debido ao contexto de inflación que estamos vivindo, xa non son suficientes para garantir a gratuidade e independencia do festival.
Hace 1 week
Patrocinios en especie: Fronte ao modelo dos macrofestivais, que acaparan o interese das grandes marcas comerciais, nós apostamos polas empresas de proximidade. Aínda que o seu apoio non sexa en diñeiro, a súa achega en productos é igualmente necesaria para facer posible o festival. Se xestionas ou coñeces marcas que crean na cultura de base e no territorio, queremos coñecelas! Falade con elas de nós, ou dádenos o contacto para seguir tecendo redes!