Grazas pola túa aportación. Con ela continuamos, a través da vía xudicial, coa loita pola defensa das comarcas afectadas e do río Ulla. Grazas por seguir connosco para a conservación da nosa terra e noso xeito de vivir. Queremos ofrecerlle aos nosos avós, irmáns e fillos e fillas a oportunidade de vivir nunha Galicia máis limpa e con menos macroproxectos que ameacen a vida. Grazas por confiar en nós. Imos levar a túa voz aos tribunais e berrar ben forte: "Altri nin aquí ni en nighures".
Con esta aportación obterás como recompensa:
- "Roteiro pola finca da cesteira Lola Tourón e presentación da Asociación As Espigadoras". Sábado 19 de xullo. Para 20 persoas (máximo).. Obterás tamén, como recompensa, a presenza do teu nome na sección de agradecementos da páxina web da Plataforma Ulloa Viva.
Lola Tourón adídicase profesionalmente a manter viva a arte da cestería, transmitindo os seus coñecementos sobre técnicas de texido e identificación de materiais dende o ano 2003. A súa experiencia nútrese dende a recollida de coñecementos tradicionais, visitando os fogares das nosas avoas cesteiras, ata formacións de carácter internacional en Polonia, Alemania, Dinamarca, etc… Lola Tourón imparte obradoiros de iniciación e perfeccionamiento de cestería tradicional con diferentes materiais (centeo, silva, bimbio, papel, tea, cables, etc…) Ademais, realiza espectaculares estruturas vivas, valados en hortas, etc…
Lembra que a túa aportación desgrava. Cunha aportación de 100€, Facenda devólveche 80€, polo que o teu gasto real será de 20€. Para + información: https://www.goteo.org/calculadora-fiscal
