Edición en 12" de "Novas Herbas"

Header image
Watch video
Finished 28 / 02 / 2021
Funded!
Received
€ 2.354
Minimum
€ 2.000
Optimum
€ 2.350
107 Co-financiers
Channel
  • Contributing € 8

    Descarga digital

    Enviámosche unha ligazón para que poidas descargar o disco en formato dixital de alta calidade.

    > 14 Co-financiers
  • Contributing € 16

    1 Vinilo - sen envío postal

    Reservámosche unha copia do vinilo que poderás recoller en Vigo na sede do selo The Dub Yard Records.
    Se coñeces a alguén que integre o proxecto en persoa podes seleccionar esta opción e nos encargaremos de entregarche o vinilo na man.

    > 30 Co-financiers
  • Contributing € 20

    1 Vinilo + envío postal

    Enviámosche unha copia do vinilo ao teu enderezo.

    > 35 Co-financiers
  • Contributing € 30

    2 vinilos - sen envío postal

    Reservámosche 2 copias do vinilo que poderás recoller en Vigo na sede do selo The Dub Yard Records
    Se coñeces a alguén que integre o proxecto en persoa podes seleccionar esta opción e nos encargaremos de entregarche o vinilo na man.

    > 12 Co-financiers
  • Contributing € 35

    2 vinilos + envío postal

    Enviámosche 2 copias do vinilo ao teu enderezo.

    > 03 Co-financiers
  • Contributing € 55

    4 vinilos + envío postal

    Enviámosche 4 copias do vinilo ao teu enderezo.

    > 01 Co-financiers
  • Contributing € 120

    Versión vocal exclusiva + Dub exclusivo (Dubplate)

    Realizamos unha versión vocal e remix dub exclusivos do tema que ti prefiras.
    Regravamos partes vocais para dalle frescura ao dubplate, puidendo incluir no meio do remix o teu nome ou o do teu colectivo, reivindicar alguna causa acorde coa mensaxe da canción ou simplemente incluir motivos ou arranxos alleos á mistura orixinal.

    > 01 Co-financiers
  • Contributing € 400

    Tema exclusivo + Dub

    Elephants e Paw compoñen, gravan e producen en The Dub Yard un tema vocal e versión dub en exclusiva para ti.
    Se eres un selo discográfico cedemos os dereitos de edición do tema para que poidas levalo ao formato físico ou simplemente publicalo na túa tenda en liña.

    > 00 Co-financiers

About this project

O selo vigués The Dub Yard Records edita en vinilo de 12 polgadas o novo traballo do proxecto galego de música reggae Elephants e Paw.

Needs Material Minimum Optimum
Master e impresión de 200 vinilos de 12 polgadas
Costos de fabricación do máster e prensado do vinilo na fábrica Krakatoa Records (Castelló)
€ 1.600
Gastos de promoción, material gráfico y vídeos
Pago para o deseñador gráfico, comunity manager e edición de vídeo
€ 350
Needs Task Minimum Optimum
Envío de vinilos por correo postal
Custo aproximado dos envíos de vinilos que precisamos vender para acadar o obxectivo
€ 400
Total € 2.000 € 2.350
Necessary
Supplemental

General information

A banda galega de reggae Elephants Yard a carón da cantante viguesa High Paw forman “Elephants e Paw” e lanzan "Novas herbas", un novo disco que vai ser autoeditado por The Dub Yard Records, selo e estudo vigués de referencia en canto a sons xamaiquinos.

O vinilo é o formato favorito no mundo do reggae. Colecciónase, móvese e sona nas festas e bailes en grandes equipos de son (case sempre fabricados artesanalmente) para o que se precisa dunha calidade que o mundo dixital non conhece. A participación do público que é tamén protagonista nos directos faise agora crucial para a edición deste primeiro traballo da banda. Sen oportunidades de tocar en directo pola coxuntura non hai xeito de xenerar o excedente para facelo.

Este disco foi gravado en dúas quendas. Na primeira rexístrase a base instrumental en directo en Planta Sónica (Vigo) para tentar dar valor ás dinámicas e vibra especial do son do directo. Na segunda grávanse a sección de ventos e as voces no Dub Yard (Vigo), onde tamén se fai a mestura final antes de masterizar (Lek, de Barcelona, foi o encargado de facer o master).

A combinación de experiencias e gustos musicais das oito persoas implicadas no proxecto conflúen neste primeiro traballo (alén dos sinxelos publicados) con personalidade propia e cunha mensaxe clara: a urxente necesidade de realimentar os nosos pensamentos fóra das dinámicas de abuso de poder do sistema.

Main features and goals of the crowdfunding campaign

A edición será en formato vinilo de 12 polgadas en carpeta impresa a toda cor, encargando a fabricación en Castelló.
Na cara A terá 4 cancións vocais: "Novas herbas", "Un conto", "Doado" e "Non pertenzo"; a cara B será máis especial, con 3 versións dub mesturadas por Javier Vicalo.

Respectando o sonido directo da banda, no proceso de gravación e mestura téntase conservar a naturalidade dos timbres e os silencios e aires tan característicos do reggae roots. As líricas agochan pensares e sentires proprios da zona salvaxe atlántica á que pertencen Elephants e Paw, entendendo as reivindicacións como os ritmos do océano: ás veces moi bravo e revolto, ás veces agarimando a costa.

whatsapp-image-2021-01-18-at-14.41.48-4-.jpeg

Why this is important

Ao público en xeral que goste da música, en especial para amantes da música reggae en formato vinilo. Coleccionistas, seletoras e a quen goste da música en galego de denuncia social.

whatsapp-image-2021-01-18-at-14.41.48-2-.jpeg whatsapp-image-2021-01-18-at-14.41.48-1-.jpeg

Team and experience

“High Paw e Elephants Yard” levan xa uns anos colectivizando esforzos e creatividade no eido da música reggae viguesa e galega, organizando numerosos concertos, jams de reggae, actuando como banda base e de estudo para diferentes artistas.
Na súa discografía atópanse publicados os sinxelos "Exame" e "My temples”.

Percorreron escenarios da Galiza e do resto da península ibérica coa característica enerxía da tropa dos elefantes: sempre a se revolver, mudar os instrumentos e bailar até se desfacer en suor, esnaquizando o sistema con azos musicais para o público se revolucionar por dentro e por fóra.

“Elephants e Paw” esta formado por artistas con diversas traxectorias no mundo musical, traballando nas súas múltiples facetas, desde a didáctica ate a composición ou produción.
No baixo está Javier Vicalo, integrante de moitos dos proxectos galegos de música xamaquina nas súas facetas de guitarrista, baixista ou produtor (tamén estivo aos mandos na mistura de Novas Herbas).
High Paw ven escribindo e compoñendo música propia dende o principio da súa carreira, durante a que participa en numerosos proxectos tamén como corista.
Laura Mercy leva xa uns anos acompanhando a Paw aos coros, conseguindo entrever sempre o carácter dos arranxos para empastar ao máximo.
Na batería Ricardo Mouriño, multiinstrumentista e tamén parte de varias bandas da escena de reggae e de música tradicional galega e irlandesa.
Na sección de ventos están Pedro Fariñas, tamén multiinstrumentista que se achega a sons tradicionais en varios dos seus proxectos, e Héctor Sartal, trombonista estudoso do carácter xamaiquino e parte de bandas de ska e jazz.
Á guitarra o Sutta, tamén conhecido pola escena galega como o Aligator, trae da Francia os sons híbridos dixitais e analóxicos, así como o estilo raggamuffin que o caracteriza.
Zalo ao mando dos teclados investiga e fuchica nos sons para crear atmósferas e reinventar as armonías, como fai noutros proxectos de funk ou soul nos que participa.

whatsapp-image-2021-01-18-at-14.41.48-5-.jpeg

Social commitment

Sustainable Development Goals

  • Reduced Inequalities

    To reduce inequalities, policies should be universal in principle, paying attention to the needs of disadvantaged and marginalized populations.

  • Partnerships for the Goals

    Revitalize the global partnership for sustainable development