Benposta, Escuela de Circo

Header image
Watch video
Finished 22 / 11 / 2019
Funded!
Received
€ 1.745
Minimum
€ 1.500
Optimum
€ 3.350
58 Co-financiers
Channel
  • Contributing € 10

    Paiaso

    Agradecementos nos créditos do documental

    > 27 Co-financiers
  • Contributing € 20

    Trapecista

    Agradecementos nos créditos do Documental
    Envío do documental por plataforma para poder velo en primicia.

    > 12 Co-financiers
  • Contributing € 40

    Acróbata

    Agradecementos nos créditos finais do filme.
    Pase privado online
    Pen drive con material audiovisual do proxecto

    Gastos de envío incluidos.

    > 07 Co-financiers
  • Contributing € 80

    Mimo

    Agradecementos nos créditos finais do filme
    Pase privado online
    Pen drive coa película
    Fotografía física do proxecto

    > 01 Co-financiers
  • Contributing € 100

    Equilibrista

    Agradecementos nos créditos finais do filme
    Pase privado online
    Pen drive coa película
    Entrada para un espectáculo de circo

    > 01 Co-financiers
  • Contributing € 200

    Saltador

    Agradecementos nos créditos finais do filme.
    Pase privado online
    Pen drive coa película
    Fotografía física del proyecto
    Entrada para un espectáculo de circo
    Patrocinador del proyecto (o teu logo ou o da túa empresa aparecerá nos créditos.

    > 01 Co-financiers

About this project

Proxecto documental sobre o declive de Benposta e a situación actual

Needs Task Minimum Optimum
Personal y equipo
Producción, guion, cámara.
€ 1.500
Distribución
Presentaciones y distribución en festivales. Copias para marketing, redes.
€ 750
Needs Material Minimum Optimum
Material
Alquiler cámaras y equipo.
€ 500
Needs Infrastructure Minimum Optimum
Transporte
Gasolina y transporte para traslados de equipo.
€ 500
Catering
Catering. Excluye comidas, hechas a domicilio.
€ 100
Total € 1.500 € 3.350
Necessary
Supplemental

General information

"Benposta, Escuela de Circo" é un documental que trata as vivencias das persoas que formaron parte do Circo dos Muchachos.
A través de entrevistas , contan como foi a súa vida naquela época antes de que rematase o coñecido circo.
Esta peza xira entorno a seis protagonistas que nos contan como foi a súa vida cando rematou este proxecto. Moitos deles viven fora de Benposta pero outros permanecen no pobo e loitan por conservar ese espazo.
Este proxecto profundiza en tres cuestións principais: como foi a vida desas persoas cando desapareceu o circo, comentan a situación actual tras o embargue do terreno e reflexionna sobre como lles gustaría que seguise Benposta.

Main features and goals of the crowdfunding campaign

"La Ciudad de los Muchachos" é un lugar emblemático en Ourense e un referente a nivel internacional. A filosofía que se creou nese entorno permanece e as persoas que seguen o seu legado deixan constancia dela.

*Que é Benposta e Ciudad dos muchachos?

A Ciudad dos Muchachos fundouse en 1956 a partir dunha idea do Padre Silva. Benposta converteuse nun pobo independente en si mesmo, coas súas propias normas e os seus propios servizos .

Foi a primeira escola de circo que apareceu en España e posteriormente espallouse a outras cidades do mundo como Venezuela ou Colombia. O seu obxectivo era mellorar a sociedade na que vivían e basábanse en catro pilares fundamentais: a harmonía do cidadán, a educación, o traballo e a formación artística.

O circo era unha das disciplinas máis importantes. Nel había acróbatas, trapecistas, equilibristas, saltadores, mimos e paiasos de idades comprendidas entre os 10 os 18 anos. Comezou a funcionar en 1966 e a partir deste intre converteuse na cara máis visible de Benposta, potenciando a cidade de Ourense.

Ano tras ano, a poboación de Benposta foi crecendo, ao mesmo tempo que as actividades que se desenvolvían alí. Realizábanse talleres de cerámica, de metalurxia, xurdiron ciclos de audiovisual e creaton unha televisión propia.

Este experimento social onde os nenos e nenas convivían nun sistema de autogoberno foi decaendo có paso do tempo ata quedar no recordo daquelas persoas que o viviron.

Tras o embargue do terreno, non se coñece cal será o futuro nin de cada un dos habitantes que alí viven. Neste proxecto queremos deixar constancia desta familia que segue loitando para que o proxecto continúe e enfatizar esa urxencia de tomar partido pola situación actual.

Obxectivos

1. FACER CONSTANCIA DA HISTORIA
Cambiar a mirada da sociedade e que sexan conscientes do erro que podería ser acabar con "La ciudad de los muchachos" tanto para o futuro como para o propio pasado.

2. REIVINDICAR UN ESPAZO SOCIOCULTURAL, PEDAGÓXICO E ARTÍSTICO
A filosofía de "La ciudad de los muchachos" sempre xirou entorno á educación, fomento e arte. Neste proxecto queremos potenciar como este espazo se seguiu aproveitando para facer actividades desta temática e como as persoas participantes no circo espallaron esta forma de vida máis ala de Benposta.

3. INFORMAR Á SOCIEDADE
Debido á escasez de información deste tema queremos dar a coñecer a problemática que está ocorrendo e que se trate desde un punto de vista real, máis alá dos intereses que nos contan. O audiovisual é unha ferramenta moi movilizadora polo que queremos que esta peza remova a memoria tanto de Benposta como do espectador.

benposta.jpg

Why this is important

Queremos contar esta historia a través das palabras dos seus veciños e da xente que viviu este proxecto desde dentro.

Cremos que este circo tivo unha gran importancia para a cultura ourensá e é un gran referente para un sistema social. Non queremos deixar no olvido esta forma de autogoberno xa que cremos que pode ser un modelo a seguir noutras comunidades.
Por iso decidimos recuperar unha parte desta filosofía a través das reflexións daquelas persoas que viviron o seu peche.

benposta-2.jpg

Team and experience

"Benposta, Escuela de Circo" está formado por cinco persoas ás que nos apaixona o mundo do audiovisual e da comunicación. Tras ver como se estaba levando a situación da aldea de Benposta, David Seixalbo e Iris Justo Rodríguez decidiron comezar este proxecto e gravar coa axuda do resto do equipo.

Iris Justo Rodríguez (Verín). Dirección e cámara.
Graduada en Comuniciación Audiovisual e participante en diferentes proxectos audiovisuais a nivel de cámara, producción e dirección.

David Seixalbo (Seixalbo). Producción.
Organizador de eventos culturais: galas benéficas (Gala contra el cáncer de Ourense), festivais de música e artes escénicas (axudante de producción no Festival das Artes Escénicas, Festival Reperkusión) é un gran traballador en produccións audiovisuais de diferentes características.

Martín Varela (Coles). Guion.
Graduado en Comuniciación Audiovisual . Destaca pola sua imaxinación e inxenio para os guións e non só neste proxecto se non noutros realizados durante a súa carreira.

Xacobo Novoa (Laza). Producción.
Ciclo superiro de Axencia de Viaxes e Xestión de Eventos en Ourense. Traballou en varios documentais como axudante de producción tales como Entroidar.

Manuel San Martino (Verín). Operador de drone
Graduado en Comunicación Audiovisual, masterizado en 3D pola ESCAC, (Escola Superior de Cinema i Audiovisuals de Catalunya). Operador de drone e participante en varios proxecto audiovisuais.

benposta1.jpg

Social commitment

Sustainable Development Goals

  • Sustainable Cities and Communities

    There needs to be a future in which cities provide opportunities for all, with access to basic services, energy, housing, transportation and more.